Dende a biblioteca do cole acabamos de pór en marcha un proxecto de centro que se chama emociónate.
O proxecto nace da necesidade dos nenos e nenas de aprender a xestionar as súas emocións.
Tras presentar un libro a cada aula chega a hora de comezar a pensar, razoar, traballar de divertirse coa súa lectura.
O aula de infantil coñecerá a "o monstro das cores" que lles falará da alegría, a tristeza,a rabia,o medo,a calma para acabar coñecendo o amor.
A unidade 1 coñecerá a "o emocionómetro do inspector Drilo" de Susanna Isern que cos "emis" nos ensinará a identificar medir e regular as nosas emocións.
E a unidade 2 coñecerá da man de Anna Llenas "o labirinto do alma", un libro que nos invitará a atoparnos a nós mesmos e aos nosos pensamentos, sentimentos ou estados a través dunha viaxe polo noso labirinto interior.

Ningún comentario:
Publicar un comentario