A Libriña de BiblioQuíns
Benvidos a Biblioteca do CEIP de Quins. Da man da nosa amiga, a Libriña, coñecerás libros novos e moitas páxinas de interese.
mércores, 15 de maio de 2019
Novidades na biblio
Facendo caso as vosas peticións xa contamos coa colección completa do "club zapatillas rojas" e outros libros e contos para que o pasedes ben no voso tempo de lectura.
venres, 9 de novembro de 2018
mércores, 7 de novembro de 2018
Emociónate!
Dende a biblioteca do cole acabamos de pór en marcha un proxecto de centro que se chama emociónate.
O proxecto nace da necesidade dos nenos e nenas de aprender a xestionar as súas emocións.
Tras presentar un libro a cada aula chega a hora de comezar a pensar, razoar, traballar de divertirse coa súa lectura.
O aula de infantil coñecerá a "o monstro das cores" que lles falará da alegría, a tristeza,a rabia,o medo,a calma para acabar coñecendo o amor.
A unidade 1 coñecerá a "o emocionómetro do inspector Drilo" de Susanna Isern que cos "emis" nos ensinará a identificar medir e regular as nosas emocións.
E a unidade 2 coñecerá da man de Anna Llenas "o labirinto do alma", un libro que nos invitará a atoparnos a nós mesmos e aos nosos pensamentos, sentimentos ou estados a través dunha viaxe polo noso labirinto interior.

A nosa Libriña
Fai algúns días que a Libriña chegou a Biblioquíns. Hoxe, adicámoslle unha entrada para presentala como é debido.
Novidaaadeesss!!!!
A biblioteca está chea a novidades que esperan por vós!
Aproveitade o día de empréstito para coñecer os novos libros.
Saúdos da Libriña

mércores, 24 de outubro de 2018
O día das biblioteca
Como o día 24 de outubro é o día das bibliotecas, dende a escola decidimos que sería, esta, a mellor data para presentarvos a nosa nova bibliotecaria e amiga, a Libriña.
Todos xuntos, na biblioteca coñeceremos a súa historia e pintaremos un marcapáxinas que poderemos empregar para marcar os nosos libros.

A historia de Libriña.
Libriña
Esta é a historia dunha flor moi especial que naceu nunha vila de Ourense chamada Quins.
Quins non era moi grande pero tampouco moi pequena. Tiña unha escola, que non era moi grande pero tampouco moi pequena, na que estudaban 35 nenas e nenos dos arredores.
Nesta escola, que non era nin grande nin pequena, tiñan a sorte de ter un inmenso xardín cunha horta chea de plantas aromáticas, árbores e flores.
Cada día o mestre de educación física, D. César, saía pegando chimpos ao xardín cargado de aparellos raros. Sachos, fouciños, tesoiras, angazos e unha regadeira chea de margaridas que lle regalara unha mestra de música moi alegre chamada señorita Elenita que non podía deixar nunca de cantar.
A señorita Elenita daba a lección cantando unha canción.
Dous e dous son catro
Catro e dous son seis
Seis e dous son oito
E oito dezaseis...
Unha maña a primeira hora, apareceu un cartel na porta que dicía:
Búscanse axudantes dispostos a traballar na horta.
A idea correu rápido entre os nenos e as nenas, entre os máis grandes e os máis pequenos. Todos e todas querían participar na horta escolar. Así que cando D. César recolleu a lista con tódolos nomes comezou a repartir tarefas.
Os nenos de infantil, recollerían as folliñas secas.
Os da primeira unidade regarían as plantas e os maiores sacharían e abonarían as sementes e plantas.
O primeiro día de traballo na horta, saíron os máis pequenos acompañados de Doña Silvia, a mestra de infantil que sempre andaba a correr de aquí para alá cun reloxo inmenso dicindo:
-Non temos tempo, non temos tempo...que alguén pare o reloxo!!!
O segundo día tocoulles aos medianos que saíron acompañados pola señorita Elenita que cantaba sen parar:
- La,la la ra la, la temos que regar, la, la larala,la imos abonar...
Por último tocoulles a os maiores saír a sachar unha nova leira na que ían cultivar, leitugas e tomates. Con eles ía Miss Patri, a Teacher dicindo sen parar:
- Repeat please, lettuce, lettuce, tomatoes, tomatoes!
Pasaron moitas semanas repetindo o proceso e chegou o ansiado día en que asomou unha pequena flor.
É unha flor ben rara! -Dicían os nenos.
O mestre de relixión, o Sr. Manuel, rascaba a cabeza con cara extrañada mentres lle dicía á Señora Isabel, mestra de AL e PT:
- Eu, é a primeira vez que vexo semellante cousa. Flor en latín dise "flos" i en grego dise Λουλούδι (loulúdi) pero nunca na vida vin unha flor coma esta.
- Pois eu tampouco! -dixo a Señora Isabel. Haberá que deixala medrar...
Dúas semanas despois a pequena flor era grande coma un xirasol mais no cumio da planta, no lugar dunha flor, apareceu un libro grande e azul cuns ollos enormes e unha boca grande e encarnada .
Era tan alta que foi o primeiriño que viron nada mais abrir a escola e todos xuntos foron a vela cas bocas e os ollos ben abertos.
- Cóntovos un conto?- dixo a flor. - Queredes oír unha historia? Seinas de princesas, de piratas, de animais, de xente tola, de maxia e de terror, cal queredes para hoxe?
Ninguén sabia que dicir ata que rápida coma un raio apareceu a Señora Pepa, que esquecera un pano de limpar o po o día anterior e cos ollos coma pratos dixo:
- E logo esta planta que tanto sabe, non podía ser a bibliotecaria da escola?
E meu dito meu feito que a plantiña que chamaron libriña chegou a bibliotecaria da escola e un día por semana contaba unha historia distinta aos nenos que a ían ver.

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)